03/04/2016

ESMERALDA LÓPEZ CASTRO

Nesta décima edición do programa, Marco e Elena puideron conversar con Esmeralda López Castro sobre diversos temas como a súa colaboración con varios festivais e artistas, fálandonos de Uxía e dos Festicultores entre outros, e tamén de como se sente ao coñecer de primeira man a evolución dos artistas.

Esmeralda cóntanos que leva tres anos participando no festival Cantos da Maré, sendo este unha importante referencia para o noso programa, e facéndonos partícipe da súa experiencia desde dentro do propio evento. Finalmente, tamén fai referencia á súa profesión, dentro da xestión da comunicación.

Sem comentários:

Enviar um comentário